OBRAS

Comezan as obras de mellora da accesibilidade da rúa de Triacastela

20/09/2018

Mañá venres comezan as obras de mellora da accesibilidade na rúa de Triacastela, unha actuación longamente demandada que deberá estar concluída no prazo de seis meses. Anunciouno o concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial, nunha rolda de prensa na que deu conta do inicio doutras importantes actuacións ao longo desta semana. Entre elas, Rafael Peña salientou a renovación da estrada de Ponte-Marzán-Sandino-Cruceiro de Sar ou o acondicionamento do contorno do estadio de San Lázaro.

Ler máis

CONSORCIO

A Casa do Cabido acolle unha exposición que percorre os 170 anos da Banda Municipal

20/09/2018

A Casa do Cabido acolle a exposición A Banda Municipal de Santiago. 170 aniversario, que fai un percorrido pola historia da agrupación, dende as súas orixes ata a actualidade. Esta mañá inaugurábaa o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Martiño Noriega. Asistiron, ademais da comisaria da exposición, a musicóloga Beatriz Cancela Montes, a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández, e o responsable de Exposicións do organismo interadministrativo, Juan Conde. Antes do acto de...

Ler máis

PLENO

Aprobado o cambio de uso da parcela das vivendas de San Ignacio de Loyola

20/09/2018

O Pleno da Corporación aprobou hoxe, por unanimidade, a modificación puntual do PXOM no ámbito do grupo de vivendas de San Ignacio de Loyola. O acordo responde a unha petición da veciñanza, que se atopaba con dificultades para realizar melloras nas súas casas ao estaren situadas nunha reserva de equipamento universitario.

Ler máis

TURISMO

Santiago de Compostela participa na feira turística máis importante de Xapón

20/09/2018

Turismo de Santiago participa con dous mostradores na Tourism Expo Japan 2018, a mostra de turismo máis importante de Xapón, que se celebra ente o 20 e o 24 de setembro en Tokio. O primeiro mostrador sitúase no stand de Turespaña, no pavillón de Europa. O segundo ubícase no pavillón xaponés, no stand da prefectura de Wakayama, grazas a colaboración conxunta entre a Santiago e Tanabe. Deste xeito, Santiago pode chegar tanto ás persoas interesadas en viaxar a España como ás que buscan a espiritualidade do...

Ler máis
Compartir: