DEPORTES

Os Black Ravens xogarán este domingo nas Cancelas o seu primeiro partido como locais na Liga de Fútbol Americano

31/01/2018

A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou o partido de fútbol americano que disputarán este domingo día 4 de febreiro os Black Ravens de Santiago contra os Gijón Mariners no campo das Cancelas. Xunto á concelleira estiveron Fernando Vigo, presidente do club Black Ravens, e David Gómez, xogador de ataque do equipo. O partido comezará ás 12:00 horas e será o primeiro dos santiagueses como locais na máxima división da Liga de Fútbol Americano.

Ler máis

MANTEMENTO E OBRAS PARA O EQUILIBRIO TERRITORIAL

Comezan as obras de mellora en Meixonfrío, Campus Sur e Rapa da Folla

31/01/2018

A próxima semana arrancarán as obras de mellora da accesibilidade do Campus Sur, a reurbanización de Rapa da Folla e os traballos para a mellora de seguridade viaria na rúa Cañoteira de Meixonfrío. Estas actuacións sumaranse á construción da cuberta do viario que comunica os centros educativos de Lamas de Abade, que xa comezaron esta semana. O concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial, Rafael Peña, deu conta hoxe deses proxectos.

Ler máis

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

As escolas infantís municipais celebran o Día Escolar pola Paz nun encontro en Salgueiriños

30/01/2018

As escolas infantís municipais celebraron conxuntamente o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia, cun encontro no centro de Meixonfrío-Salgueiriños. Na actividade participou o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, quen sinalou que estas accións sirven para "poñer en valor o traballo que se desenvolve ao longo de todo o ano nas escolas de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños en torno aos principios da paz, a cooperación e a solidariedade, na procura dun clima de harmonía,...

Ler máis

POLÍTICAS SOCIAIS

O Teatro Principal acolle un concerto solidario de Khitara a favor da Federación Autismo Galicia

29/01/2018

O sábado 3 de febreiro, o Teatro Principal será o escenario dun concerto solidario a favor da Federación Autismo Galicia. O protagonista desta actuación será o grupo Khitara, unha formación que mestura o son das guitarras clásicas coas eléctricas, facendo versións de temas clásicos do rock. A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, presentou este concerto xunto con Adriana Pazos, da Federación Autismo Galicia, e Jose Carballido, líder de Khitara. As entradas poden conseguirse na tenda...

Ler máis

ALCALDÍA

Principio de acordo para comarcalizar o Parque de Bombeiros de Santiago

29/01/2018

O Concello de Santiago, a Deputación da Coruña e a Vicepresidencia da Xunta de Galicia asinarán este ano o convenio para a comarcalización do Parque de Bombeiros de Compostela. Hoxe pechouse un principio de acordo, pendente de que se concreten algunhas cuestións técnicas. O parque que lle daría servizo á comarca contaría cuns 90 efectivos, fronte aos 44 do actual Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento do Concello de Santiago.

Ler máis
Compartir: