IGUALDADE
O Concello conmemora o Día Internacional da Muller cunha homenaxe a oito mulleres e co fallo do Premio Xohana Torres
A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, presentou os actos programados para mañá martes, 8 de marzo, con motivo da celebración do Día Internacional da Muller. Nesta xornada fallarase o segundo Premio de Ensaio Xohana Torres. Tres días despois, o xoves 10 de marzo, o Concello homenaxeará a oito mulleres nun acto solemne no Hostal dos Reis Católicos.
FESTAS
Vinte e cinco comparsas, doce carrozas e multitude de disfraces desfilarán polas rúas da cidade no martes de Antroido
O concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, presentou os detalles da organización do desfile do Martes de Antroido. Despois dun bo comezo de festas cun cheo total do Toural no pregón de Nucha e Mucha, o bo tempo continúa acompañando este días para animar aos cidadáns a saír ás rúas e pasar unha tarde divertida co desfile. "Esperamos unha participación moi alta, superior á de anos anteriores", manifestou Baqueiro.
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
Encontro con estudantes de Asís participantes no proxecto Leonardo
O concelleiro de Relacións Institucionais, Andrés Fariña, recibiu en Raxoi un grupo de participantes no proxecto europeo Leonardo da Vinci, procedentes do Instituto Alberguiero Asisi (Italia).
URBANISMO
Emuvissa abriu as plicas das obras nos polígonos de Formarís e Costa Vella
Na sede de Emuvissa tivo lugar a xuntanza da mesa de contratación para a apertura dos sobres nº 1 e nº 2 das licitacións públicas polo procedemento aberto multicriterio para a execución das obras dos polígonos industriais de Formarís e Costa Vella e do enlace da N-550.