ALCALDÍA

Recepción no Pazo de Raxoi ao delegado rexio no acto de Translación dos restos do Apóstolo

30/12/2023

Como cada 30 de decembro, a capital de Galicia acolleu o acto de Translación dos restos do Apóstolo Santiago, cuxo delegado rexio foi, neste 2023, o presidente da Parlamento Galego, Miguel Ángel Santalices. Finalizada a cerimonia relixiosa na Catedral, a comitiva oficial foi recibida no Pazo de Raxoi pola alcaldesa accidental, María Rozas, e boa parte da Corporación Municipal.

XUVENTUDE

Reunión de traballo co secretario de Estado de Xuventude e Infancia

29/12/2023

A alcaldesa, Goretti Sanmartín, e a primeira tenenta de alcaldesa, María Rozas, recibiron hoxe ao Secretario de Estado de Xuventude e Infancia, de visita en Santiago para manter unha xuntanza de traballo coa concelleira de Dereito e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude. Rubén Pérez explicou cales son as liñas de actuación do Ministerio de Infancia e Xuventude, e mostrou a súa vontade de impulsar políticas de colaboración coas administracións locais.

EDUCACIÓN

Case 150 nenos e nenas participan nas actividades de conciliación da Ludoteca das Fontiñas durante as vacacións de Nadal

28/12/2023

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a concelleira de Educación, Míriam Louzao, visitaron esta mañá o Espazo de Lecer María Miramontes no que desde o comezo das vacacións, 146 nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, asisten ao programa de conciliación VacaLudos Nadal con actividades ambientadas este ano no conto "Alicia no país das marabillas".

FESTAS

As Súas Maxestades de Oriente chegarán o día 5 á cidade seguindo a Estrela de Compostela

28/12/2023

A concelleira de Festas, Pilar Lueiro, adiantou esta mañá en rolda de prensa algún dos detalles trasladados polos propios Reis Magos sobre a tradicional Cabalgata que terá lugar o vindeiro venres 5 de xaneiro. A comitiva percorrerá as rúas da cidade ata chegar á praza do Obradoiro e ao Pazo de Raxoi onde as SSMM recibirán aos nenos e nenas nunha tarde chea de "sorpresas musicais e golosas".

COMERCIO E RELACIÓNS VECIÑAIS

Mañá ábrese o prazo de inscrición para participar no concurso de escaparates de Nadal

27/12/2023

O BOP acaba de publicar as bases da convocatoria do concurso de escaparatismo de Nadal, cuxo prazo de inscrición estará aberto desde mañá, 28 de decembro, ata o 2 de xaneiro. O obxectivo desta iniciativa é animar aos establecementos da cidade a atraer máis clientela e aumentar o consumo no comercio local durante as Festas do Nadal.

Compartir: