CAPITAL CULTURAL

Amplíase ata o 29 de abril o prazo de inscrición no laboratorio de movemento ‘SOMA’

23/04/2024

O coreógrafo e investigador Javier Martín conduce este obradoiro teórico-práctico que busca achegar ao público o proceso de creación e posta en escena dun espectáculo de danza. Desenvolverase no Teatro Principal o día 2 de maio en dúas quendas independentes, de mañá e tarde, con 30 prazas dispoñibles cada unha delas. A participación é gratuíta previa inscrición no formulario habilitado na páxina web de Compostela Cultura

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba o proxecto para a mellora das instalacións deportivas de Figueiras

22/04/2024

O executivo municipal deu luz verde esta mañá ao proxecto básico e de execución para a mellora de equipamentos deportivos e sociais na parroquia de Figueiras por un importe de 355.699,97 euros ao abeiro do POS+2024 da Deputación da Coruña. Tamén se acordou o inicio dos trámites para a recepción das obras de pavimentación no lugar de Aradas (A Peregrina) e na rúa Elena Quiroga-A Barca e na Braña da Silvouta, ambas as dúas na parroquia de Villestro, tamén no marco do Plan Único (POS+) da...

Leer más

COMERCIO

A campaña "12 comercios, 12 sensibilidades" amosa nunha mesa redonda a vida das persoas con esclerose múltiple ou parkinson

22/04/2024

O Centro Deportivo Atmósfera Sport acollerá mañá unha mesa redonda para dar a coñecer a realidade das persoas con esclerose múltiple ou parkinson, no marco da campaña "12 comercios, 12 sensibilidades", coa que colabora o Concello a través do departamento de Comercio. Este mes, a iniciativa está protagonizada pola tenda de deportes, que visibiliza o labor de ACEM, a Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, Párkinson, ELA e outras enfermidades neurodexenerativas.

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

A Concellaría de Centros Socioculturais súmase ao Día da Danza coas xornadas "Bailando a vida"

22/04/2024

O Centro Sociocultural do Romaño acollerá os días 4 e 5 de maio as xornadas "Bailando a vida", organizadas pola concellaría de Centros Socioculturais para celebrar o Día da Danza. Mañá abre o prazo de inscrición para participar na actividade, que tén como obxectivo achegar esta disciplina de maneira activa e inclusiva a calquera persoa, a marxe da súa idade ou condición física.

Leer más

ALCALDÍA

Compostela demanda a elaboración dun Plan estratéxico para coordinar os aeroportos galegos

19/04/2024

A alcaldesa defendeu a necesidade dunha política aeroportuaria coordinada e planificada baseada nun plan estratéxico e "liderada por Santiago como punto de referencia e de chegada de visitantes". Goretti Sanmartín tamén reiterou a necesidade da creación dun xulgado específico de violencia de xénero en Santiago nunha rolda de prensa que tivo lugar esta mañá no Pazo de Raxoi.

Leer más

DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS

Adxudicado o novo contrato do SAF, con máis horas de servizo, melloras na atención ás persoas usuarias e compromiso cos dereitos laborais das traballadoras

19/04/2024

A Xunta de Goberno vén de adxudicar, nunha sesión extraordinaria, a xestión do Servizo de Axuda no Fogar á UTE SIAD24-Asistenzia Santiago. O prezo do contrato, de dous anos de duración, será de 12,7 millóns de euros, a totalidade do orzamento previsto na licitación. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, mostrou o seu desexo de que "con esta adxudicación vexamos un antes e un despois no SAF, e consigamos os obxectivos que tiñamos fixados na licitación de mellorar a atención...

Leer más
Compartir: