NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Os Reis Magos convidan os nenos e nenas a pedir os seus desexos para a lingua galega

05/12/2012 A concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, presentou o concurso Carta aos Reis Magos, destinado a promover o uso da lingua galega nestas datas de Nadal. Os propios Reis Magos motivarán os rapaces para que na súa carta formulen os seus desexos para o idioma.

A través de todos os centros educativos, rapaces e rapazas de ata 10 anos recibirán un folleto coas bases do concurso e unha carta asinada polos Reis Magos motivando a participación. As Súas Maxestades proporán aos nenos que na súa carta inclúan os desexos para a lingua. Non hai límite nin para o formato nin para a creatividade das misivas.

En cada colexio haberá caixas de correo nas que os nenos deberán depositar as súas cartas antes do 19 de decembro. As tres mellores cartas en cada un dos tramos educativos (infantil, primeiro ciclo de primaria e primeiro ciclo de secundaria) recibirá un agasallo de contido cultural que lles entregarán os Reis Magos o día da tradicional cabalgata.

A concelleira recalcou a importancia de que todos os rapaces indique os seus datos correctamente na carta. Así, recibirán unha contestación dos Magos, na que se invita a utilizar a lingua todo o ano. E con cada carta de resposta irá un marcador de libros coa mensaxe da campaña.

Compartir: