ALCALDÍA

Todo listo para o comezo das obras de remodelación da Praza de Abastos

26/09/2011 O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reuniuse coa directiva da Praza de Abastos, encabezada pola xerente, Marta Rey, e o presidente da cooperativa da praza, José Fernández.

No encontro falaron do inminente comezo das obras, xa que para a xornada do martes está previsto o levantamento da acta de replanteo das mesmas. Nesta reunión tamén participaron as concelleiras de Urbanismo, María Pardo, e de Mercados, Reyes Leis.

A continuación, o alcalde mantivo outra xuntanza co presidente de Acotés, Antonio Pérez Casas, e membros da xunta directiva.

Compartir: