FESTAS
O responsable do apartado pirotécnico da empresa Caballer, Ricardo Caballer, indicou que estes serán uns fogos "dinámicos e fáciles de comprender para a xente", nos que se mesturarán fogos, velocidade e efectos. Dez ordenadores controlarán 3.745 ordes de fogo, grazas ás que estouparán 4.515 pezas pirotécnicas. En total, serán 1.150 quilogramos de material pirotécnico os que se utilizarán e que, nunha porcentaxe do 92%, estarán situados en Xoán XXIII. Ao respecto deste aspecto pirotécnico, o concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, resaltou que "Caballer sempre é unha garantía de bo resultado".
Respecto á parte audiovisual, o seu responsable, Carlos López, explicou que o do 24 será "un espectáculo multimedia conxunto", a diferenza doutros no que a parte audiovisual e a pirotécnica se fan independentemente. Ademais dos láser empregados como proxección, destacou a fonte cibernética, que pretende "utilizar a auga como diversión". Para iso, situarase na parte baixa da catedral unha fonte de 22 metros, na que se empregarán 20.000 litros de auga.
Quince técnicos e doce ordenadores permitirán controlar 40.000 watios de potencia de luz e seis equipos láser (os máis potentes multicolor da actualidade), que permitirán facer ata 16 cambios de color. Utilizaranse 2.500 metros da fachada da Catedral para o espectáculo audiovisual.
Sobre o futuro dos Fogos do Apóstolo, o alcalde indicou que non marcharán da praza do Obradoiro "mentres poidamos evitalo". Neste sentido, o xerente do Consorcio, Xosé Manuel Villanueva indicou que este ano "non haberá danos na Catedral nin por detonacións nin por queima de materiais". "Queda só por medir os efectos químicos por residuos, polo que este ano faremos unha análise dos mesmos", concluíu.
Unha tradición de séculos
A tradición dos Fogos do Apóstolo para conmemorar a festa de Santiago está documentada dende o século XVI, data na que se acompañaba cunha corrida de touros. Dende este século ata principios do XIX, o organizador dos festexos foi o Cabildo da Catedral, ata que no ano 1.813 o concello asumiu a organización.
A incorporación á celebración da queima da fachada remóntase ao ano 1852. Dende aquela ata agora deseñáronse varios formatos de fachada. A actual neogótica é un deseño de 1897 feito polo arquitecto municipal Daniel García Vaamonde. Este modelo retomouse en 2000, matándose ata hoxe.
A auga únese á pirotecnia e ao láser na noite grande do Apóstolo
21/07/2008 Unha fonte cibernética de 22 metros será unha das novidades dos Fogos do Apóstolo 2008. Así, a auga únese á pirotécnica e ás proxeccións e efectos de luz nun dinámico espectáculo multimedia de 34 minutos.
O alcalde e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, presentou o espectáculo da noite do 24 de xullo, acompañado do concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro; do xerente do Consorcio, Xosé Manuel Villanueva, e de dous dos membros da empresa Caballer, Ricardo Caballer e Carlos López. O rexedor compostelán destacou do espectáculo previsto a incorporación das máis novas tecnoloxías e a súa concepción para que sexa visto disfrutado non só pola xente que acode á praza do Obradoiro, senón pola totalidade das máis de 150.000 persoas que os ven dende distintos puntos da cidade.O responsable do apartado pirotécnico da empresa Caballer, Ricardo Caballer, indicou que estes serán uns fogos "dinámicos e fáciles de comprender para a xente", nos que se mesturarán fogos, velocidade e efectos. Dez ordenadores controlarán 3.745 ordes de fogo, grazas ás que estouparán 4.515 pezas pirotécnicas. En total, serán 1.150 quilogramos de material pirotécnico os que se utilizarán e que, nunha porcentaxe do 92%, estarán situados en Xoán XXIII. Ao respecto deste aspecto pirotécnico, o concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, resaltou que "Caballer sempre é unha garantía de bo resultado".