DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS
As entidades beneficiarias poderán recibir unha subvención dun máximo de 40.000 euros, e ata o 95% do orzamento do proxecto, que deberá iniciarse dentro do ano natural correspondente á convocatoria e estar finalizado antes do 30 de setembro de 2025. O Concello de Santiago abonará a subvención por pago anticipado ata o 100% da contía outorgada.
Convocatoria con moitas novidades
Esta convocatoria das subvencións de cooperación ao desenvolvemento incorpora numerosas novidades con respecto á anterior. Así, increméntase o seu orzamento total dos 168.000 euros de 2022 ata os 400.000, e tamén se eleva a contía máxima que poderá recibir cada ONGD beneficiaria, que pasa de 25.000 e 40.000 euros. Ademais incorporouse a fórmula do pago anticipado implícita na propia concesión da axuda, fronte a anteriores convocatorias nas que eran as entidades beneficiarias as que tiñan que solicitar esta fórmula cos conseguintes atrasos e maior carga burocrática. Ademais, amplíase o prazo para a realización dos proxectos e para xustificar as axudas, co obxectivo de favorecer a concorrencia na convocatoria.
Os proxectos beneficiarios desta convocatoria serán elixidos por unha Comisión de avaliación na que, ademais do Concello, estarán representadas a Coordinadora Galega de ONGDs e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
As ONGDs poderán solicitar desde mañá as subvencións de cooperación ao desenvolvemento para proxectos en países empobrecidos
02/10/2024 O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións de cooperación ao desenvolvemento que concede a Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais. As solicitudes poden presentarse nun prazo de 20 días hábiles, contados a partir de mañá, 3 de outubro. A Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais destina a esta convocatoria un orzamento de 400.000 euros, e cada entidade beneficiaria poderá recibir un máximo de 40.000 euros.
A convocatoria ten como obxectivo contribuir á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible aprobados por Nacións Unidas en 2015 e mostrar o compromiso do Concello de Santiago coa defensa dos dereitos humanos en todo o mundo. Poden solicitar as subvencións ONGDs que desenvolvan proxectos de cooperación ao desenvolvemento en países empobrecidos, que acrediten un mínimo de dous anos de experiencia no ámbito territorial de actuación para o que solicitan a axuda, e que conten con contrapartes ou socios locais para a execución do proxecto que presenten á convocatoria.As entidades beneficiarias poderán recibir unha subvención dun máximo de 40.000 euros, e ata o 95% do orzamento do proxecto, que deberá iniciarse dentro do ano natural correspondente á convocatoria e estar finalizado antes do 30 de setembro de 2025. O Concello de Santiago abonará a subvención por pago anticipado ata o 100% da contía outorgada.