EMPREGO
O programa Appventurers combinou a formación co traballo, de maneira que o alumnado recibiu formación ao tempo que estaba contratado para realizar un traballo real. En concreto, os mozos e mozas participantes desenvolveron aplicacións móbiles de realidade aumentada sobre o Museo do Pobo Galego, a Praza de Abastos e a senda peonil do Sar, co obxectivo de mellorar e enriquecer a experiencia das persoas que visitan eses tres puntos.
"PoboAR", "PraceAR" e "SAR", tres apps para coñecérmonos mellor
A primeira das aplicacións, "PoboAR", permite explorar o Museo do Pobo Galego, con Rosalía de Castro e Castelao como guías virtuais, encargados de explicar os diferentes espazos expositivos. A segunda APP creada polo alumnado do obradoiro de emprego leva por nome "PraceAR", e ofrece información sobre os produtos á venda no mercado, curiosidades sobre a Praza, e información con videos exclusivos sobre a historia do mercado.
Por último, ao abeiro do obradoiro Appventures desenvolveuse "SAR", unha aplicación móbil que pretende convertir nunha aventura o paseo pola senda do Sar. Para iso, hai que escanear as imaxes dos pictogramas agochados pola senda, cada un deles dedicado a unha personaxe convidada ao Banquete de Conxo, como Aurelio Aguirre, Eduardo Pondal ou Luís Rodríguez Seoane. Cada un deles dará unha pista para atopar o seguinte pictograma e, a maiores, a APP inclúe unha función "mapa", cun xogo de geocaching que consiste en atopar uns "caches", un recipiente que contén un caderno no que cada quen pode rexistrar a súa visita. Ao respecto desta aplicación, María Rozas salientou que "este traballo é case pechar un círculo, porque a senda do Sar e o Banquete de Conxo foron tamén acondicionados ao abeiro dun obradoiro de emprego".
Appventurers é un programa de emprego destinado a persoas mozas incluídas no ficheiro do sistema nacional de garantía xuvenil, cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus 2021-2027 ao 60%. O programa contou cun orzamento de 424.836,96 euros.
O obradoiro de emprego APPventures deixa en Santiago tres APPs de realidade aumentada para o Museo do Pobo Galego, a Praza de Abastos e a senda do Sar
01/10/2024 Despois de doce meses de traballo e formación hoxe chegou á súa fin o obradoiro de emprego Appventures coa entrega de diplomas aos mozos e mozas participantes. No acto presentáronse as APPs de realidade aumentada sobre a Praza de Abastos e a senda peonil de Sar que se desenvolveron ao abeiro do programa, e que se suman á aplicación xa presentada e en funcionamento desde o pasado mes de agosto sobre o Museo do Pobo Galego.
A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presidiu o acto de entrega de diplomas, no que tamén participou o director territorial de Emprego na Coruña, Juan José Couce. A tenenta de alcaldesa loubou o traballo feito polo alumnado "que nos deixa unhas aplicacións de alto nivel, mostra de todo o aprendido e de que os mozos e mozas están preparados para que esta sexa a súa actividade profesional nun futuro". María Rozas salientou que estes obradoiros de emprego "son proveitosos para o alumnado pero tamén para o conxunto da veciñanza, que recibe valiosas herdanzas como as apps que hoxe presentamos, que serven para poñer en valor e para que coñezamos mellor e doutra maneira espazos moi salientables de Santiago".O programa Appventurers combinou a formación co traballo, de maneira que o alumnado recibiu formación ao tempo que estaba contratado para realizar un traballo real. En concreto, os mozos e mozas participantes desenvolveron aplicacións móbiles de realidade aumentada sobre o Museo do Pobo Galego, a Praza de Abastos e a senda peonil do Sar, co obxectivo de mellorar e enriquecer a experiencia das persoas que visitan eses tres puntos.