LINGUA
A lingua medra
Esta actividade terá lugar todos os luns do mes ás 17 h no Espazo Apego e vai dirixido á cativada entre 2 e 6 anos. O correo de confirmación da praza neste caso recibirase o venres previo á actividade, ao rematar o prazo de inscrición.
Luns 7. Merendolas
Luns 14. Movéndonos con Apego
Luns 21. Quen vén?
Luns 28. Experimentamos
Tardes de contos
Os martes 1, 8, 15, 22 e 29 de outubro estarán reservados para as 'Tardes de contos', un tempo para entrar nos contos e imaxinar a partir deles, aprendendo cada vez máis palabras para entender o mundo. As actividades desenvólvense cada semana arredor dun centro de interese diferente, arredor dunha temática mensual e en dous horarios: de 17 a 18 h para 0-3 anos e de 18.15 a 19.15 h para 3 a 6 anos.
Enredando e lingoretando
Os mércores desenvolverase a actividade ‘Enredando e lingoreteando’, un espazo de entretemento activo arredor do xogo, libre ou guiado. A socialización en galego é o obxectivo e a imaxinación e os valores da amizade e a cooperación serán as ferramentas. A actividade contará con dous grupos diferenciados: para 3-6, sen acompañamento dunha persoa titora, e para 0-3 con acompañamento. Nos dous casos o horario será de 17 a 19 h. Iranse incorporando temas e materiais relacionados coas festividades, o medio natural, a contorna inmediata etc, para propiciar a interacción.
Mércores 2. Xogamos coas palabras
Mércores 9. Fabricamos xoguetes
Mércores 16. Imos ao patio
Mércores 23. Xincana de palabras
Mércores 30. Xincana de palabras
Tachán!
Un xoves cada quince días contactamos co acervo e a cultura mediante a oferta de espectáculos ou contidos executados por especialistas e en diversos formatos.
Contos da lúa de Trécola Teatro (de 2 a 6 anos) - xoves 10 ás 18 h
Cando chega a noite, mentres durmimos, a Lúa asoma a súa cariña polas fiestras e goza dos nosos soños. Así coñece moitas historias máxicas, tolas e divertidas. Os soños que máis lle gustan son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura con moita imaxinación.
Contos para cagar patatillas de Brais das Hortas (de 6 meses a 4 anos) - xoves 31 ás 18 h
Quen ten cu ten medo! Iso non é malo: é normal. Valente non é quen non ten medo, senón quen é capaz de enfrontar o seu propio medo. Diso falan os contos de Brais das Hortas, cheos de música, de humor, de efectos especiais, de participación do público, baile, construción de instrumentos de refugallo e moito máis.
O Espazo Apego recibe o mes de outubro cargado de actividades e castañas
01/10/2024 No Espazo Apego haberá espectáculos, contos, cociña, experimentos, visita das avoas e avós dos centros socioculturais... Vén o mes de outubro cargadiño de castañas e actividades no mellor abeiro da choiva do outono! A proposta de actividades do mes de outubro no Espazo Apego ten xa os formularios de inscrición abertos.
Todas as actividades propostas desenvólvense con inscrición previa cubrindo cadanseu formulario. O día anterior sobre as 12 h as persoas solicitantes recibirán un correo coa confirmación da praza, xusto despois de rematar o prazo de inscrición.A lingua medra