TURISMO

Santiago promociónase en FITUR MICE como destino de Congresos

18/01/2022 Turismo de Santiago, a través do seu servizo para a promoción da cidade como destino de Congresos, Xornadas e Incentivos, o Santiago de Compostela Convention Bureau, participa en FITUR MICE, a sección especializada en encontros profesionais da Feira Internacional de Turismo que se celebra en Madrid esta semana.

Como cada ano, FITUR, a través da sección FITUR MICE, convoca ao turismo de congresos y business travel, nun espazo de networking e exclusivamente profesional, deseñado para identificar clientes e xerar negocio. Nesta ocasión, participan 42 expositores de 12 países que, ao longo de dous días manterán unha axenda de reunións preestablecidas. No caso de Turismo de Santiago, a través do SCCB, están previstos 30 encontros profesionais con empresas do sector a nivel nacional e internacional.

En FITUR MICE están previstas un total de 3.000 citas, ademais das xeradas ao longo do programa de networking, permitindo ampliar contactos e reforzar vínculos entre os participantes.

Compartir: