XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba a inclusión da rúa Doutor Maceira na zona 9 de residentes (Santa Marta)

17/01/2022 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, deu conta hoxe en rolda de prensa dos asuntos tratados na última Xunta de Goberno ordinaria entre os que destacan, ademais da incorporación da veciñanza da rúa Doutor Maceira ao réxime de residentes da zona 9, a concesión de varias licenzas de obras.

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a inclusión da rúa Doutor Maceira na zona 9 de Residentes de Santa Marta, para que os veciños que residan nesta rúa e que cumpran as condicións e requisitos esixibles pola Ordenanza do Sistema de Ordenación e Regulación do Servizo de Aparcamento de Residentes, poidan dispoñer dun distintivo de estacionamento que lles permita aparcar na zona verde destinada a residentes.

Tamén se deu luz verde á redacción dun proxecto modificado da "Execución das obras de reurbanización da rúa do Hórreo no ámbito fronte á Estación Intermodal" que permitirá a instalación de semáforos e mobiliario urbano na zona.

A Xunta de Goberno tamén acordou a convocatoria dunha consulta preliminar de mercado orientada a preparar o futuro contrato de xestión do ciclo integral da auga de Santiago de Compostela. Esta consulta permitirá contar co asesoramento das seguintes empresas especializadas do sector: Viaqua; FCC Aqualia S.A.; Espina & Delfín S.L.; Acciona Agua y Servicios S.L.U.; Sacyr Agua S.L.; y Gestión y Técnicas del Agua S.A. (Gestagua).

Licenzas

A Xunta de Goberno tamén deu luz verde a varias licenzas para obras en rúa Pamplona, rúa Carballo de Albrei, lugar de Fornas, rúa Avelino Pousa Antelo, lugar do Pedrido, lugar Folgoso, lugar Sionlla, rúa Vite de Arriba, lugar Marmancou, e lugar da ponte da Sionlla.

Obra do muro do Pombal

Ademais, durante a rolda de prensa, o alcalde anunciou que o 24 de xaneiro comenzarán as obras da parte pública do muro do Pombal. Os traballos extenderanse por un período de "2 ou 3 meses" e conlevarán o peche ao tráfico do carril adxancente ao muro, e de "forma intermitente" dos dous carrís. Sánchez Bugallo avanzou esta información, que será comunicada con máis detalle nos vindeiros días.

Compartir: