FACENDA

O Concello lembra á cidadanía que pode solicitar o pagamento fraccionado de tributos municipais antes do 1 de febreiro de 2023

26/10/2022 O Concello de Santiago lembra á cidadanía que pode solicitar o pagamento fraccionado de varios tributos municipais ata en 9 cotas antes do 1 de febreiro de 2023.

Que tributos se poden fraccionar?
- Imposto de Bens Inmobles (IBI)

- Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM)

- Imposto de Actividades Económicas (IAE)

- Taxa pola utilización privativa e o aproveitamento especial do dominio público para paso de vehículos a través de beirarrúas ou calzadas, e para reserva da vía pública para aparcamento exclusivo (VADO)

- Taxa pola utilización privativa e o aproveitamento especial do dominio público con mesas, cadeiras, tribunas, quioscos de hostalería e outros elementos análogos con finalidade lucrativa (OMS)

Cotas e datas de pagamento
Con esta medida as persoas contribuíntes poderán distribuír o pagamento dos tributos ao longo do ano en 3, 5 ou 9 cotas, á elección da persoa solicitante.

- De optar por 3 cotas:
o primeiro prazo sería o 5 de xullo
o segundo prazo, o 5 de setembro
o terceiro, o 5 de novembro

- De optar por 5 cotas:
o primeiro prazo sería o 5 de marzo
o segundo, o 5 de maio
o tercer, o 5 de xullo
o cuarto, o 5 de setembro
o quinto, o 5 de novembro

- De optar por 9 cotas:
o primeiro pago sería o 5 de marzo
o segundo, o 5 de abril
o terceiro, o 5 de maio
o cuarto, o 5 de xuño
o quinto, o 5 de xullo
o sexto, o 5 de agosto
o sétimo, o 5 de setembro
o oitavo, o 5 de outubro
o noveno, o 5 de novembro

En todos estes casos, o importe mínimo de cada cota non será inferior a 10 euros.

Procedemento
Para adherirse ao sistema e poder solicitar o pagamento fraccionado, cómpre:

- Notificar formalmente ao Concello a adhesión a este sistema antes do 1 de febreiro do exercicio no que se pretenda a súa aplicación, a través da sede electrónica (trámite de Sistema Especial de Pago) ou na Oficina de Atención ao Contribuínte (con cita previa. 981 542 384. Rúa Presidente Salvador Allende 4, baixo.)

Se se elixe realizar a solicitude a través da sede electrónica, será preciso seleccionar:

1. En Unidade Tramitadora: C02.01.02 ATENCIÓN AO CONTRIBUÍNTE
2. En modo de presentación: SERVIZOS ELECTRÓNICOS
3. O Sistema Especial de Pago (SEP) atópase na páxina 8

- Domiciliar os recibos en calquera entidade financeira.

- Non ter ninguna débeda en vía executiva co Concello de Santiago.

- Incluír todos os recibos dos tipos de ingreso que se van acoller a este sistema de pagamento fraccionado.

Documentos relacionados

Direccións relacionadas



Compartir: