EDUCACIÓN

A Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela e a Escola de Altos Estudos Musicais colaboran co Banco de Alimentos na campaña de recollida de alimentos

27/11/2021 A Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela e a Escola de Altos Estudos Musicais, colaboran co Banco de Alimentos-Rías Altas na campaña de recollida de alimentos previa ao Nadal.

Establécese un período de admisión de doazóns entre o 29 de novembro e o 20 de decembro, en horario de 9 horas a 21:30 h. A tal efecto haberá unhas caixas no vestíbulo de entrada da Escola para depositar os produtos. Neste momento o Banco de Alimentos precisa particularmente productos para o almorzo (cereais, galletas, etc), conservas de peixe e vexetais, produtos de hixiene, potitos e pañais de talla 4-5.

As institucións convocantes animan a toda a cidadanía a participar neste proxecto solidario e agradecen de antemán a súa colaboración nesta iniciativa, que serve de gran axuda para as familias que se atopan nunha situación desfavorecida.

Compartir: