XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local aproba o proxecto da obra "Acondicionamento de camiño agrícola en Requesende"

24/02/2021 A Xunta de Goberno Local, reunida hoxe en sesión extraordinaria, aprobou o proxecto da obra "Acondicionamento de camiño agrícola en Requesende (Sabugueira)", que conta cun orzamento de total de 65.369,04 euros, e un prazo de execución de dous meses.

O goberno municipal tamén acordou participar no "Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelasagrícolas 2021-2022" aprobado por resolución da directora xeral de AGADER de data 28 de decembro de 2020 (DOG nº 19 do 29.01.2021) e solicitar unha axuda por importe de 54.024,00 euros para o financiamento do proxecto "Acondicionamento de camiño agrícola en Requesende (Sabugueira)".

Por outra banda, o executivo deu luz verde ao reaxuste de anualidades do contrato "Servizo de conservación, mantemento e reparación de pavimentos nos viarios municipais do termo municipal excluído o ámbito do recinto intramuros da Cidade Histórica de Santiago de Compostela", asinado coa empresa "Obras y viales de Galicia, S.A".

Tamén se acordou prorrogar o contrato subscrito coa citada empresa para a prestación do servizo, dividido en 3 lotes. En todos os casos, o gasto necesario queda condicionado á súa inclusión nos correspondentes exercicios orzamentarios. No lote 1, "Viarios con pavimentos asfálticos", concretamente no sublote de medio rural; a anualidade de 2021 é de 127.083,33 euros; e a anualidade 2022, quedou fixada en 22.916,67 euros. En canto ao sublote de barrios e obras as anualidades serían as seguintes: 2021, 338.888,89 euros; e 2022, 61.111,10 euros.

No lote do 2, de "Viarios con pavimentos non asfálticos", as anualidades quedarían da seguinte forma: 2021, 254.166,67 euros; e 2022, 45.833,32 euros. E no lote 3, "Viarios sen pavimento de rodaxe específicos", a anualidade de 2021 sería de 127.083,33 euros; e a de 2022 de 22.916,66 euros.

Documentos relacionados



Compartir: