ALCALDÍA

O alcalde fai un chamamento a toda a cidadanía para que cumpra coas novas medidas restritivas

30/10/2020 Xosé Sánchez Bugallo pide aos veciños e veciñas de Santiago que cumpraN coas novas restricións impostas pola Consellería de Sanidade, que establecen o peche perimetral conxunto dos concellos de Santiago, Ames e Teo a partir das 15.00 horas deste venres 30 de outubro.

Trala conversa mantida coa xerencia do Sergas, o rexedor compostelán indicou que "non é unha decisión que nos sorprenda" porque "os datos siguen crecendo, aínda que a menor ritmo". A día de hoxe Santiago chega aos 462 casos activos, "cifra moi elevada", que xustifica, segundo Sánchez Bugallo, que se tomen estas medidas.

"Como é habitual imos apoiar as decisións do comité clínico e imos colaborar na súa aplicación e no seu cumprimento", recalcou o alcalde, a quen lle parece "sensato" que o peche perimetral inclúa os municipios limítrofes de Teo e Ames "porque hai tal nivel de integración entre os tres concellos que é difícil establecer unha separación".

Sánchez Bugallo fixo un chamamento á poboación para que cumpra con estas novas restricións para evitar o aumento dos contaxios, que, "proceden nun 80% do ámbito familiar". "O problema está nos ámbitos nos que nos relaxamos. Temos que ser todos prudentes e responsables", recalcou.

Documentos relacionados



Compartir: