ALCALDÍA

O Paseo Central da Alameda acolle ata o 15 de febreiro a exposición "Compostela, un ano de Voz"

24/01/2020 A concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, e o responsable de Seguridade Cidadá e Mobilidade, Gonzalo Muiños, asistiron hoxe á inauguración da exposición fotográfica "Compostela, un ano de Voz". No acto tamén estaban presentes membros dos distintos grupos da Corporación Muncipal: Alejandro Sánchez-Brunete, Ramón Quiroga e José Antonio Constenla polo PP; Martiño Noriega por Compostela Aberta; e Goretti Sanmartín e Navia Rivas polo BNG.

Son un total de 80 imaxes, en gran formato, que resumen o que foi o 2019. Un relato fotográfico que se poderá contemplar ata o 15 de febreiro.

A cada imaxe acompáñaa un texto explicativo e a data na que foi sacada. Están distribuídas en 20 cubos de estructura metálica, de metro e medio de largo por algo máis de dous metros de altura. A mostra, que leva expóndose desde o ano 1998, está organizada por La Voz de Galicia coa colaboración do Concello de Santiago, o Consorcio da Cidade, e a Xunta. Foron os fotógrafos de La Voz de Galicia, autores das instantáneas, os encargados de explicar as características de cada imaxe aos concelleiros, e tamén ao delegado da Corporación Voz en Santiago de Compostela, Ignacio Carballo; e ao vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presentes no acto.

Compartir: