MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ

O Concello de Santiago súmase á conmemoración do Día Mundial en Memoria das Vítimas de Tráfico

17/11/2019 O Concello de Santiago sumouse este domingo ao Día Mundial en Memoria das Vítimas de Accidentes de Tráfico coa colocación, no Pazo de Raxoi, dun cartel cun lazo negro que representa unha estrada, en memoria de todos os/as condutores/as que perderon a vida nun accidente e das súas familias.

Segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), os accidentes de tráfico causan anualmente a morte de 1.350.000 persoas en todo o mundo e son a principal causa de falecemento de mozos/as de entre 15 e 29 anos.

Compartir: