XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba o proxecto de mellora do campo de fútbol de Belvís

24/05/2019 A Xunta de Goberno aprobou este venres o proxecto de acondicionamento exterior do campo de fútbol de Belvís, no que se van investir case 145.000 euros. A actuación ten como obxectivo mellorar as condicións de accesibilidade e os servizos deste equipamento.

O proxecto aprobado hoxe contempla a construción dun novo bloque de vestiarios e aseos públicos, contiguo ao existente, e que garantirá a accesibilidade das persoas con mobilidade reducida. Ademais, os actuais vestiarios serán dotados dun novo revestimento exterior de madeira, para unha maior integración no contorno. O proxecto tamén prevé a instalación dunha zona de bancadas de pedra, con capacidade aproximada para 80 persoas, e o acondicionamento dun itinerario peonil para mellorar os accesos ao campo. A actuación suporá un investimento de 145.000 euros, e terá un prazo de execución de catro meses.

Convocatoria de subvencións
A Xunta de Goberno tamén aprobou hoxe dúas convocatorias de subvencións da Concellería de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo. A primeira delas, cunha partida total de 30.000 euros, recolle axudas para actividades en prol da igualdade efectiva entre mulleres e homes e das persoas do colectivo LGTBQI, e de prevención e loita contra as violencias machistas para o ano 2019. A segunda convocatoria ten que ver con actividades de promoción e dinamización comercial para o ano 2019, e conta cun orzamento total de 50.000 euros.

Ademais, hoxe aprobáronse dous convenio de colaboración do Concello coa Asociación Galega para a Axuda dos Enfermos con Demencia tipo Alzheimer, AGADEA, por un importe de 3.000 euros; e coa Asociación de Persoas Xordas de Santiago, cunha achega municipal de 10.000 euros.

Documentos relacionados

Direccións relacionadas



Compartir: