EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Trinta alumnos e alumnas do CEIP López Ferreiro visitaron Vila Real (Portugal)

26/03/2019 Trinta alumnos e alumnas do CEIP López Ferreiro visitaron Vila Real (Portugal) no marco do programa de intercambios escolares do Eixo Atlántico. Os/as escolares de Vila Real devolverán a visita os días 6, 7 e 8 de maio, cando visitarán Santiago de Compostela.

Os nenos e nenas do CEIP López Ferreiro coñeceron un pouco máis a cultura portuguesa e, en concreto, a cidade de Vila Real, á que se achegaron a través da mirada dos rapaces e rapazas desa localidade". O grupo foi recibido no consistorio luso e participou logo nun completo programa de visitas.

Con este programa de intercambios búscase achegar o traballo do Eixo Atlántico e da Eurorrexión, vivindo durante tres días nunha cidade ou vila que non é a súa. Preténdese igualmente que os mozos e mozas poidan coñecer e valorar o patrimonio das cidades e vilas que integran esta asociación transfronteiriza creada no ano 1992 por cidades de Galicia e do Norte de Portugal.

Compartir: