XUNTA DE GOBERNO

Aprobados os prazos de matrícula na Escola Municipal de Música

22/03/2019 A Xunta de Goberno aprobou hoxe a apertura dos prazos de reserva de praza, solicitudes de admisión e matrícula na Escola Municipal de Música para o curso 2019-2020.

O 1 de abril publicaranse as prazas extraordinarias de instrumento para o alumnado de Iniciación Musical II (2º de Educación Primaria), que deberán realizar a preinscrición entre o 1 e o 5 de abril. O sorteo das prazas realizarase o 11 de abril.
En canto ao alumnado de Música e Movemento, do Plan de Estudos Xeral e do Plan de Estudos para Adultos, poderá renovar a súa praza do 9 ao 16 de maio. O día 22 exporanse publicamente as prazas vacantes.

Novo alumnado
Para o novo alumnado, o período de preinscrición estará aberto do 23 de maio ao 5 de xuño. No caso de haber máis solicitudes que prazas realizarase un sorteo público o 11 de xuño, e a partir do día seguinte, 12 de xuño, quedarán expostas as listas provisionais de admitidos e admitidas na primeira convocatoria. A partir de aí, ábrese un prazo de 10 días naturais para a presentación de reclamacións, e a partir do 24 de xuño quedará exposta a relación definitiva de admitidos e admitidas. O prazo para a formalización da matrícula será do 24 e xuño ao 5 de xullo.

Se quedan prazas vacantes, no mes de setembro abrirase unha segunda convocatoria de inscrición e matrícula para novo alumnado.

De acordo coa ordenanza vixente, o prezo da matrícula na Escola Municipal de Música é de 59,50 euros. As cotas mensuais serán de 35,65 euros para a Escola Infantil de Música; 53,5 para Especialidade Instrumental; 42,80 euros para práctica instrumental e actividades instrumentais de conxunto; e 35,65 euros para formación musical complementaria e práctica instrumental.

Documentos relacionados

Direccións relacionadas



Compartir: