XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba os prazos de inscrición nas escolas infantís municipais

15/02/2019 A Xunta de Goberno aprobou hoxe os prazos e o procedemento de admisión e matrícula nas escolas infantís municipais de Conxo, Fontiñas, e Meixonfrío-Salgueiriños. No caso de novo ingreso, o prazo de presentación de solicitudes será do 16 de marzo ao 16 de abril.

Dende o 1 de marzo e ata o día 11, estará aberto o prazo de presentación de solicitudes para reservar a praza do alumnado actual ou para persoas traballadoras das escolas municipais. No caso dos nenos e nenas e novo ingreso, a solicitude deberá realizarse do 16 de marzo ao 16 de abril. A lista provisional de admitidos/as e a lista de agarda publicaranse entre o 2 e o 10 de maio, e as persoas interesadas terán un prazo de dez días para presentaren reclamacións. A relación definitiva de admitidos/as farase pública entre o 27 e o 31 de maio, e o prazo de matrícula estará aberta do 3 ao 17 de xuño.

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Santiago ou no Rexistro Auxiliar do Centro Cívico do Ensanche.

Premio Compostela para Álbums Ilustrados
Na Xunta de Goberno de hoxe tamén quedaron aprobadas as bases do XII Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, no marco da XIX Campaña de Animación á Lectura. O galardón está convocado pola Concellaría de Educación e Cidadanía en colaboración coa editorial Kalandraka, e ten unha dotación económica de 9.000 euros.

Documentos relacionados

Direccións relacionadas



Compartir: