ALCALDÍA

Cirque du Soleil chega a Compostela en febreiro de 2020 co seu célebre espectáculo "Corteo"

10/12/2018 Corteo, unha das producións máis célebres producións do Cirque du Soleil, chegará a Compostela no marco da súa xira europea. Grazas á colaboración do Concello de Santiago, o espectáculo estará no Multiúsos Fontes do Sar con sete sesión do 5 ao 8 de febreiro de 2020.

As entradas anticipadas para Corteo estarán dispoñibles dende mañá martes, a partir das 15:00 horas, para os membros do Cirque Club, a través da súa web: www.cirqueclub.com. Para o público en xeral, as entradas poranse á venda a partir das 10:00 horas o vindeiro venres, 14 de decembro, a través de cirquedusoleil.com/corteo, Livenation.es, Ticketmaster e El Corte Inglés.

O espectáculo contará con sete sesións en febreiro de 2020: o mércores 5 e o sábado 6 ás 21:30 horas; o venres 7 e o sábado 8 ás 17:30 e 21:00 horas (as do sábado, sesións Premium); e o domingo 9 ás 17:30 horas.

Corteo
Dirixida por Daniele Finzi Pasca, Corteo estreouse por primeira vez en Montreal baixo a Gran Carpa en abril de 2005. Dende entón, o espectáculo tivo un grande éxito, con máis de 8 millóns de espectadores/as en 19 países de catro continentes.

Corteo, que significa cortexo en italiano, é unha procesión alegre, un desfile festivo imaxinado por un pallaso. O espectáculo reúne a paixón do actor con a gracia e o poder do acróbata para somerxer o público nun mundo teatral de diversión, comedia e espontaneidade situado nun espazo misterioso entre o ceo e a terra.

O pallaso imaxina ou seu propio funeral, ou cal se leva a cabo nun ambiente de entroido, vixiado por silenciosos anxos da garda. Xuntando o grande co pequeno, o ridículo co tráxico e a maxia da perfección co encanto da imperfección, o espectáculo resalta a forza e a fraxilidade do pallaso, así como a súa sabedoría e amabilidade, para ilustrar a porción de humanidade que hai dentro de cada un de nós. A música vólvese lírica e xogantina, levando a Corteo a través dunha celebración atemporal na que a ilusión se burla da realidade.

O concepto e a disposición do escenario levan ao espectador a unha atmosfera teatral como nunca se viu nos espectáculos do Cirque du Soleil nun pavillón. O conxunto de cortinas, inspirado na Torre Eiffel, e as cortinas centrais, que foron pintadas a man, dan unha sensación grandiosa ao escenario. Isto establece o ton para a poesía de Corteo.

O reparto de Corteo inclúe 51 acróbatas, músicos/as, cantantes e actores/actrices de todo o mundo.

Cirque du Soleil
Orixinalmente formado por 20 artistas de rúa en 1984, o Cirque du Soleil reinventou por completo as artes circenses e converteuse nun líder mundial en entretemento artístico. Establecida en Montreal, a organización canadense ten marabillado e deleitado a máis de 180 millóns de espectadores con 42 producións postas en escena en preto de 450 cidades en 60 países. Cirque du Soleil conta actualmente con más de 4.000 empregados/as, incluíndo 1.300 artistas de case 50 países distintos. Só en 2018, 19 espectáculos preséntanse simultaneamente en todo o mundo.

Direccións relacionadas



Compartir: