ALCALDÍA

Xa está dispoñible o calendario municipal coas ilustracións de 13 artistas

19/01/2018 O Concello de Santiago vén de editar, por segundo ano consecutivo, un calendario municipal que conta coas ilustracións de 13 artistas participantes na segunda edición do Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe "Compostela Ilustrada".

O calendario foi enviado a todos os centros escolares e pode descargarse tamén en formato pdf dende a web municipal. Ademais, as persoas que desexen telo fisicamente poderán conseguilo a través dos Centros Cívicos das Fontiñas. Castiñeiriño, Vite, Santa Marta e o Ensanche. Os ilustradores e ilustradoras son Alfredo, Jorge Arranz, Eduardo Baamonde, Blanca Escrigas, Ana Luisa Frazao, Joaquín González Dorao, Munehiro Ikeda, Fernanda Lamelas, Lapin, Miguel Anxo Prado, Santiago Ríos, Teresa Ruivo e Isabell Seidel.

Cada mes do ano vén acompañado dunha ilustración de Compostela que amosa o seu patrimonio histórico, recunchos do casco vello e a vida da poboación compostelá. Ademais de marcar os festivos estatais, nacionais e locais (10 de maio, Ascensión e 16 de agosto, San Roque), o calendario tamén incorpora eventos ou datas relevantes desde o punto de vista social, literario ou artístico.

Na última páxina incorpora unha novidade, como son as festas dos barrios e parroquias de Compostela

Documentos relacionados



Compartir: