XUNTA DE GOBERNO

En marcha a partir de marzo o proceso de admisión nas escolas infantís municipais

17/02/2017 A Xunta de Goberno aprobou os prazos de admisión e matrícula nas escolas infantís municipais de Conxo, Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños, para o próximo curso 2017-2018. O prazo de presentación das solicitudes para a renovación de praza ou traslado será do 1 ao 10 de marzo, mentres que as solicitudes de novo ingreso haberá que presentalas entre o 15 de marzo e o 15 de abril.

Entre o 2 e o 10 de maio farase pública a lista provisional de admitidos e lista de agarda, e a relación definitiva coñecerase entre o 25 de maio e o 31 de maio. O prazo de matrícula será do 1 ao 15 de xuño. Os prezos que deberán pagar os usuarios serán os establecidos no Decreto 49/2012 do 19 de xaneiro, polo que se aproba o réxime de prezos das escolas infantís 0-3 dependentes da Consellería de Traballo e Benestar.

Documentos relacionados



Compartir: