DEPORTE

Entregados os premios do V Circuíto CorreSan

02/12/2016 O alcalde compostelán, Martiño Noriega, presidiu no Auditorio de Galicia a gala de entrega dos premios do V Circuíto de Carreiras Saudables de Santiago, CorreSan 2016.

Lara Buig, da Sociedade Deportiva Barbantia Roda, e Cristian Muíño, do Club Deportivo Vagalume Energía, gañaron, respectivamente, a xeral feminina e masculina desta edición. Un ano máis, o CorreSan foi un éxito de participación nas súas diversas categorías absolutas e escolares.

Compartir: