ALCALDÍA

Santiago e A Coruña continúan a por en valor o Camiño Inglés

02/12/2016 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu os participantes no I Encontro Internacional do Camiño Inglés. No acto tamén participaron representantes dos catro grupos municipais; o concelleiro de Emprego e Economía Social da Coruña, Alberto Lema, e o deán da Catedral, Segundo Pérez, entre outros.

Nas súas intervencións, tanto o alcalde compostelán como o concelleiro coruñés insistiron na necesidade da posta en valor do Camiño Inglés. A isto contribuíu este Encontro, unha viaxe de familiarización que reuniu a representantes de entidades promotoras do Camiño en 14 países. Todos e todas percorreron a pé o tramo entre a praza de María Pita da Coruña e a compostelá praza do Obradoiro, á que chegaron este venres.

Compartir: