POLÍTICAS SOCIAIS

Conclúe no Obradoiro tras 28 etapas a marcha "1.000 Km contra o cancro"

28/09/2016 A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, recibiu na praza do Obradoiro os participantes na marcha 1.000 Km contra o cancro, encabezada polo corredor Juan Pedro Orellana, que partiu de Xerez o pasado 1 de setembro.

1.000 Km contra o cancro consistiu nunha ruta de 28 etapas nas que Juan Pedro Orellana, que superou un cancro, percorreu a Vía da Prata ata Santiago de Compostela. O obxectivo desta iniciativa é demandar máis investimentos para a investigación en células nai canceríxenas. Á chegada ao Obradoiro, leuse un manifesto relativo a esta demanda.

O diñeiro que se recade será doado a un grupo da Universidade de Granada liderado polo profesor Juan A. Marchal, responsable da "Cátedra Doctores Galera y Requena de Investigación en Células Madre Cancerígenas".

Compartir: