FESTAS

A praza da Quintana acolle mañá xoves a actuación do coro Saint Luc Banabakintu

27/07/2016 A programación das festas do Apóstolo vén de incorporar unha nova actividade, que se vai desenvolver mañá xoves, ás 13:00 horas, na praza da Quintana. Trátase da actuación do coro Saint Luc Banabakintu, un grupo de Costa do Marfil creado en 1974 e que habitualmente canta nunha parroquia de Adjamé, a capital do país. A agrupación leva tempo percorrendo Galicia, para dar a coñecer a realidade cultural e social de Costa do Marfil.

A súa actuación na Praza da Quintana foi posible grazas á colaboración coa ONG Égueire, que preside Desiré Kouakou Tanoh, un cura marfileño destinado na Costa da Morte e que está a desenvolver un importante labor de promoción da cultura africana.

Compartir: