ALCALDÍA
O alcalde recibiu o poeta Carlos Penelas
10/03/2016 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu o poeta arxentino Carlos Penelas, co que mantén unha amizade dende hai anos. O escritor está en Galicia para presentar o seu último libro, La luna en el candil de la memoria.
Martiño Noriega e Carlos Penelas aproveitaron o encontro para falar da próxima presenza de Santiago de Compostela na Feira do Libro de Bos Aires, onde será cidade convidada.