EDUCACIÓN E CIDADANÍA

O prazo de inscrición para o Programa Municipal de Conciliación de Nadal estará aberto do 28 de novembro ao 10 de decembro

26/11/2015 O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, explicou esta mañá en rolda de prensa os pormenores do Programa Municipal de Conciliación de Nadal, que se celebrará no CEIP As Fontiñas e no CEIP Raíña Fabiola os días 21, 22, 23, 24,28, 29, 30 e 31 de decembro, e os días 4 e 5 de xaneiro.

A partir do sábado 28 de novembro e ata o 10 de decembro estará aberto o prazo para a inscrición e matrícula. Deberase presentar a ficha de formalización da matrícula cuberta (que se pode descargar na web municipal), a fotocopia da cartilla sanitaria e o xustificante de pagamento bancario. Para poder acollerse aos descontos do 20% por familia numerosa ou de falta de recursos, que oscilarán entre o 50 e o 100%, deberá achegarse a copia do certificado de familia numerosa e informe de servizos sociais. Ademais, haberá un desconto dun 20% para familias que inscriban a máis dun neno ou nena neste programa de conciliación.

O programa concíbese como un espazo educativo, de promoción do ocio e do tempo de lecer, ademais dun recurso para a conciliación familiar e laboral no tempo de vacacións. Os destinatarios do programa serán os nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade, para os que se ofertan una total de 100 prazas ampliables se a oferta resultase maior.

O horario do programa será de 7:45 a 16:00 horas para a modalidade completa, que inclúe madrugadores con almorzo, comedor e actividades; de 7:45 a 14:00 horas para a modalidade de madrugadores con almorzo e actividades; de 9:00 a 16:00 para a modalidade de comedor e actividades; e de 9:00 a 14:00 horas para a modalidade de só actividades.

Documentos relacionados



Compartir: