COMERCIO
A acción está enmarcada dentro do Urbana Norte e está cofinanciada cos Fondos Feder. O obradoiro conta con dúas edicións. A primeira celebrouse o pasado mes de abril no Museo do Pobo Galego. Agora, en plena celebración das Festas do Barrio, terá lugar a segunda, nun ambiente máis distendido e divertido.
O obradoiro vai dirixido a futuros emprendedores e a comerciantes do barrio que queiran diversificar o seu negocio. Igualmente están convidados a participar todos os veciños que queiran acercarse ao obradoiro, que presenta un cariz lúdico e orixinal. Trátase de que os asistentes experimenten emocións a través de diferentes dinámicas e xogos creativos que lles permitan coñecer como desenvolver, impulsar e potenciar as competencias e habilidades emocionais que ten todo emprendedor.
Todos os emprendedores pasan por diferentes fases emocionais que poden adestrarse. As competencias e habilidades que se traballarán no obradoiro serán: autoconfianza, autodisciplina, autorregulación, automotivación, traballo en equipo, habilidades comunicativas, liderado, empatía, asertividade e xestión do cambio, da incertidume, do tempo e do estrés. O obxectivo das dinámicas é que os asistentes experimenten de xeito práctico e divertido as súas fortalezas emprendedoras. Poderán participar ata 40 persoas.
San Pedro acollerá nas súa festas un Obradoiro sobre emprendemento
12/06/2015 O próximo 27 de xuño, coincidindo coa celebración das Festas do Barrio de San Pedro, celebrarase na praza 8 de Marzo, de 10:00 a 11:45 horas, un obradoiro motivador sobre como montar o teu propio negocio.
O obradoiro celebrarase na praza 8 de Marzo, na carpa veciñal da asociación A Xuntanza, no marco dun espazo sociocomunitario habilitado dentro da programación das Festas do Barrio. A acción complementarase coa entrega a todos os participantes da guía editada pola Concellaría de Comercio no eido do programa Urbana Santiago Norte, Oportunidades de negocio do Barrio de San Pedro, un conxunto de 11 oportunidades de negocio identificadas no barrio, a raíz de entrevistas realizadas a veciños, consumidores e empresarios do propio barrio. Para cada oportunidade elaborouse un ficha que contén información sobre características da oferta e da demanda, así como o seu marco normativo.A acción está enmarcada dentro do Urbana Norte e está cofinanciada cos Fondos Feder. O obradoiro conta con dúas edicións. A primeira celebrouse o pasado mes de abril no Museo do Pobo Galego. Agora, en plena celebración das Festas do Barrio, terá lugar a segunda, nun ambiente máis distendido e divertido.