EDUCACIÓN
O programa quere crear un espazo educativo e de promoción do lecer, ademais de ser un recurso para a conciliación familiar e laboral no tempo de vacacións. Poderán participar nenos e nenas que cursen estudos en centros de educación infantil e primaria de Santiago de Compostela, con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.
O horario será de 9:00 a 14:00 horas. Non obstante, ofrécese a posibilidade de que as familias soliciten ademais un servizo de madrugadores con almorzo (de 7:45 a 9:00 horas) e un servizo de comedor (de 14:00 a 16:00 horas).
Varias modalidades e prezos
Os pais e nais poden escoller entre diversas modalidades, tanto por número de días como por servizos ofertados.
O prezo depende da modalidade escollida. O custo unitario por día solto é de 2,5 euros para o servizo de madrugadores con almorzo, 8 euros para obradoiros e actividades e 6 euros para o servizo de comedor. No caso de optar por mes completo eses prezos diarios poden reducirse chegando ata os 1,91 euros para o servizo de madrugadores, os 5,22 euros para os obradoiros e os 4,78 euros para o servizo de comedor. Ofrécense unha serie de descontos que van do 20% para familias monoparentais, numerosas ou por dous irmáns no programa; e ata o 50% ou 100% para familias con escasos recursos, para o que será preciso un informe previo do departamento de Servizos Sociais.
O Departamento de Educación facilita as correspondentes follas de matrícula no programa e publica a lista de admitidos e, no seu caso excluídos, nesta web municipal. As admisións realízanse por rigoroso orde de entrada no Rexistro municipal, ata cubrir as prazas dispoñibles.
Programa Municipal de Conciliación para o Verán
07/06/2015 O 6 de xuño, a Concellería de Educación pechou o prazo de inscrición no Programa Municipal de Conciliación para o Verán 2015, que se desenvolverá no período das vacacións (xuño, xullo e setembro) nas instalacións dos CEIP As Fontiñas e Raíña Fabiola. O prazo de inscrición estará aberto ata o 6 de xuño.
Este programa de conciliación laboral e familiar estará en marcha no período das vacacións do verán 2015, isto é, nos meses de xuño (23, 25, 26, 27 e 30), xullo (do 1 ao 31, agás sábados, domingos e festivos) e setembro (días 1, 2, 3, 4, 5, 8, 9 e 10). Este programa comprende un conxunto de actividades a desenvolver en instalacións do CEIP das Fontiñas e do CEIP Raíña Fabiola, destinadas á poboación escolarizada en educación Infantil e primaria do municipio de Santiago.O programa quere crear un espazo educativo e de promoción do lecer, ademais de ser un recurso para a conciliación familiar e laboral no tempo de vacacións. Poderán participar nenos e nenas que cursen estudos en centros de educación infantil e primaria de Santiago de Compostela, con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.