EDUCACIÓN
As familias poderán inscribir nenos e nenas que cursen estudos en centros de educación infantil e primaria, entre o 2º ciclo de Educación Infantil e o 3º ciclo de Educación Primaria de Santiago. Terán a opción de escoller entre participar todos os días do programa ou en días soltos.
A inscrición realizarase a través Rexistro Xeral do Concello de Santiago (rúa Presidente Salvador Allende, 4) ou no Rexistro Auxiliar do Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal o Ensanche (rúa de Frei Rosendo Salvado 14-16).cubrindo o formulario dispoñible nesta web, no Departamento de Educación ou nos propios rexistros. A admisión será por rigorosa orde de inscrición.
O horario será de 7:45 a 16:00 horas. O servizo de madrugadores (aula matinal) funcionará de 7:45 a 9:00 horas e poderá ser con ou sen almorzo. De 9:00 a 14:00 horas realizaranse os obradoiros e actividades. Finalmente, entre as 14:00 e as 16:00 horas, existe a posibilidade de que os rapaces fagan uso do servizo de comedor.
O prezo dependerá das modalidades ofrecidas oscilando dende os 75 euros da opción de só actividades ata os 143 euros da opción máis completa, incluíndo actividades, servizo de madrugadores con almorzo e servizo de comedor. Para familias numerosas os prezos irán dos 60 aos 114,40 euros. En caso de elixir días soltos, o prezo dependerá do número de opcións escollidas.
Aberto o prazo de inscrición no programa municipal de conciliación de Nadal
24/11/2014 A partir deste luns 24 de novembro e ata o venres 5 de decembro estará aberta a inscrición no programa de conciliación familiar e laboral para este Nadal 2014. A concelleira de Educación, María Corral, presentou esta iniciativa, que comprenderá un conxunto de actividades educativas, deportivas e de lecer que se desenvolverán durante dez xornadas no CEIP As Fontiñas.
Este programa concíbese como un espazo educativo e de promoción do lecer, ademais de ser unha alternativa para de conciliación para as familias no tempo de vacacións do Nadal. Está dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. As actividades desenvolveranse os días 22, 23, 24, 26, 29, 30 e 31 de decembro e 2, 5 e 7 de xaneiro.As familias poderán inscribir nenos e nenas que cursen estudos en centros de educación infantil e primaria, entre o 2º ciclo de Educación Infantil e o 3º ciclo de Educación Primaria de Santiago. Terán a opción de escoller entre participar todos os días do programa ou en días soltos.