TURISMO
O Palacio de Congresos contará con varios espazos de xogos distribuidos en función das idades dos nenos. Para os máis pequenos, aqueles que teñen entre un e catro anos, estará o Espazo Babe, onde haberá unha ludoteca inchable con xogos e mesas para colorear. Para os nenos de entre cinco e doce anos habilitarase o Espazo de Inchables, onde haberá tobogáns, futbolín, pista de obstáculos, cama elástica, tolo, xiraloco...
Tamén haberá un Espazo de Actividades Deportivas e Xogos, destinado ao xogo entre pais e fillos, nos que se poderá xogar ao tenis de mesa, minigolf, xogos xigantes de conecta catro, xadrez, damas, tres en raia... Haberá tamén un Espazo Multimedia para nenos a partir de seis anos, onde haberá consolas Wii con multitude de xogos deportivos e de estratexia.
Un dos atractivos de Diver Pascua será a Mesa de Autógrafos, na que participarán varios xogadores do Obradoiro e do Santiago Futsal para asinar autógrafos e tomarse fotografías cos pequenos. Nesta mesa tamén se sortearán entradas para o próximo encontro do Santiago Futsal contra o campión de liga de Futbol Sala, o vindeiro domingo 27 de abril.
Durante todas as xornadas haberá tamén diversas actuacións de animación musical e infantil e animación itinerante con zancudos. Tamén haberá un Photocall coa visita sorpresa das personaxes infantís máis actuais e demandadas polos nenos. O horario de Diver Pascua será de 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.30. O prezo das entradas será de cinco euros para os nenos e dous euros para os adultos.
O Palacio de Congresos acolle en Semana Santa a primeira edición de Diver Pascua
07/04/2014 Diver Pascua, que terá lugar entre o 17 e o 20 de abril, nace para ofrecer un espazo de ocio infantil en familia para a Semana Santa.
Haberá unha mesa de autógrafos, na que varios xogadores do Obradoiro e do Santiago Futsal asinarán autógrafos e tomaranse fotografías cos pequenos.