XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno resolve o contrato de rehabilitación do Palacete do Espiño

17/02/2017 A Xunta de Goberno acordou hoxe resolver o contrato coa empresa Dragados S.A, adxudicataria da rehabilitación do Palacete da Finca do Espiño. A empresa recibirá unha indemnización de case 28.000 euros, correspondente ao 3% da obra deixada de executar.

A actuación no Palacete da Finca do Espiño foi adxudicada de forma definitiva en agosto de 2015, se ben o procedemento se iniciara case un ano antes. O proxecto, aprobado en maio de 2014, prevía a recuperación do edificio, reconstruíndo os seus muros interiores e espazos orixinais. Os traballos, que tiñan un presuposto de case 870.000 euros, non se puideron executar porque se comprobou sobre o terreo que o proxecto redactado non se axustaba á realidade do estado do edificio.

O concelleiro Xan Duro explicou que o Departamento de Urbanismo está elaborando un novo proxecto para a recuperación do Palacete da Finca do Espiño, e lembrou que o orzamento reservado para esa actuación é dun millón de euros.

Documentos relacionados

Direcciones relacionadas



Compartir: