XUNTA DE GOBERNO

O Goberno local aproba o proxecto de reurbanización da rúa Cancelas

21/10/2016 A Xunta de Goberno acordou hoxe iniciar o procedemento de adxudicación das obras de reurbanización da rúa Cancelas. O proxecto conta cun orzamento de 201.704,40 euros, IVE incluído, e un prazo de execución de tres meses.

As obras afectaranlle á rúa Cancelas, no seu primeiro tramo dende a conexión coa avenida Rodríguez de Viguri; e a Rodríguez de Viguri dende a conexión coa rúa Cancelas ata a conexión coa avenida do Camiño Francés. O obxectivo principal da actuación é darlle continuidade aos percorridos peonís en condicións de seguridade e accesibilidade. Para iso, construiranse beirarrúas nos tramos que carecen delas. Ao mesmo tempo, reformaranse e melloraranse as instalacións de recollida de pluviais e dotarase a zona de alumeado público.

[strongAlmacén en Vite

A Xunta de Goberno tamén aprobou hoxe o proxecto básico e de execución dunha caseta para a asociación de veciños de Vite de Arriba, cun orzamento de 36.400 euros e un prazo de execución de 40 días hábiles. A caseta servirá como espazo de almacenamento de material das asociacións de veciños da zona. Antes de iniciar a actuación é preciso unha autorización autonómica, xa que as instalacións localizaranse nus terreos clasificados como rústicos de especial protección paisaxística.

Por último, o Executivo local aprobou a apertura do procedemento de adxudicación dos uniformes da Policía Local, cun tipo de licitación de 69.990 euros, IVE incluído.

Documentos relacionados

Direcciones relacionadas



Compartir: