FESTAS

Nik West e Mambo Jambo brindaron ao público da Quintana os seus potentes directos

29/07/2016 As festas do Apóstolo entran na súa recta final. Na antepenúltima xornada, o protagonismo musical foi para Nik West e Mambo Jambo, que ofreceron outro dos concertos máis agardados da programación na praza da Quintana.

Nik West deixou mostras da súa potente voz, do seu gran dominio do baixo e da súa impresionante posta en escena. A baixista e compositora de Phoenix (USA) chegaba a Santiago despois de ter presentado o seu segundo e esperado disco e de ter recibido as loubanzas de grandes nomes da música como Steven Tyler ou Lenny Kravitz.

Polo escenario da Quintana tamén pasaron esta noite os Mambo Jambo, un cuarteto instrumental que naceu en 2009 en Barcelona. En Compostela deixaron constancia do seu "son jambofónico", unha mestura de rock, rythm&blues, surf e swing, interpretada dende unha perspectiva contemporánea. Eles tamén destacaron polo seu enérxico directo e a súa conexión co público.

Direcciones relacionadas



Compartir: