ALCALDÍA

Martiño Noriega recibirá os representantes veciñais de Compostela con motivo dos fogos de fin de festa do Apóstolo

29/07/2016 Un ano máis e seguindo a aposta do Goberno local de abrir o espazo municipal e os seus actos aos veciños e veciñas, o alcalde, Martiño Noriega, e o resto da Corporación, recibirán este domingo no Pazo de Raxoi a membros das asociacións veciñais e do tecido asociativo para presenciar os fogos fin de festa do Apóstolo.

A esta recepción, que terá lugar ás 22:30 horas, están convidados integrantes das asociacións veciñais de Santiago de Compostela.
Despois da recepción todos os convidados poderán presenciar dende a terraza do Pazo de Raxoi os fogos de fin de festa do Apóstolo, que se lanzarán dende o Campus Sur a partir das 23:30 horas.

Compartir: