URBANISMO

O Concello acomete a reparación dos baños da Alameda e a mellora do seu estanque

19/06/2013 A concelleira de Urbanismo, María Pardo, anunciou que mañá darán comezo as obras de reparación dos baños da Alameda. Ademais, nun prazo aproximado de dúas semanas, iniciarase tamén a intervención de mellora do estanque deste parque.

A reparación dos baños da Alameda será realizada pola Brigada de Vías e Obras. Estas instalacións presentan un importante deterioro, incluídas as filtracións de auga que se producen dende a parte superior.

En canto ás obras no estanque da Alameda, atópanse en fase de contratación, polo que concelleira estimou que nun prazo de dúas semanas poderían estar adxudicadas. Cómpre lembrar que esta actuación permitirá intervir na xardinería, nas instalacións, no mobiliario, na pavimentación e na impermeabilización. Esta zona do estanque quedará moito mellor integrada no paseo central da Alameda, gañando ademais en diversidade de flora, colorido e vistosidade. Unha das consecuencias da remodelación é que permitirá a volta das aves ao estanque. As obras aproveitaranse tamén para mellorar os sistemas de rego, automatizándoos, facilitando un importante aforro de auga.

Compartir: