RECOLLIDA DE LIXO

29 novos colectores de recollida de roupa e calzado

25/09/2012 A Concellería de Barrios, Servizo de Recollida de Lixo e Limpeza Viaria e Brigada de Vías e Obras informa da posta en funcionamento dos primeiros colectores de recollida de roupa e calzado.

Están instalados 29 colectores deste tipo en diferentes partes da cidade: Viena, Montero Ríos, Home Santo, Concheiros, Escultor Asorey, San Pedro de Mezonzo, Bernardo Barreiro, Hórreo, Romero Donallo e Ponte do Sar (zona centro); Fontiñas, Varsovia, París, San Lázaro, Muíña, Cancelas, Salgueiriños de Abaixo, Tabaniscas, Xosé Chao, Irmandiños, García Lorca e Santa Comba (zona norte e Fontiñas); avenida de Ferrol (2), Valentín Varela, Amor Ruibal, Estrada, avenida da Liberdade e praza Aurelio Aguirre (zona sur).

Os colectores incorporan un código QR. Calquera persoa que dispoña dun teléfono móbil cun lector deste tipo de códigos pode obter información sobre este servizo de reciclado, como a relativa á situación física dos diferentes colectores.

Direccións relacionadas



Compartir: