ALCALDÍA

Entregados os Premios Rosalía de Castro

28/09/2012 O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistíu no Pazo de Fonseca á IX edición dos Premios Rosalía de Castro, convocados polo Pen Club Galicia.

Estes galardóns honran tanto a lingua e a literatura galegas como as dos países ou linguas próximos. Nesta edición os premiados foron o portugués José Viale Moutinho, a vasca Miren Agur Meabe, a arxentina María Esther Vázquez e o catalán Enric Casasses.

O acto celebrado en Fonseca estivo presidido polo conselleiro de Educación, Jesús Vázquez. Tamén asistiron, entre outros, ademais do alcalde, o reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares Long; o presidente do PEN Galicia, Luis González Tosar; e o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín.

Compartir: