ALCALDÍA

O Concello recupera o xardín do Pazo de Amarante para o uso cidadán

28/09/2012 O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a conselleira de Facenda, Elena Muñoz, asinaron o convenio de colaboración para o acceso público ao xardín do Pazo de Amarante. O Concello faise cargo da vixilancia e conservación deste espazo, agora recuperado para os cidadáns.

Tras a sinatura do acordo, o alcalde manifestou a súa satisfacción por recuperar este espazo "único e pouco coñecido" para os cidadáns de Santiago. En especial, destacou o seu interese medioambiental nunha zona como o casco histórico na que non hai moitos espazos verdes.

Son preto 870 metros cadrados de xardín, aos que hai que sumar 525 do acceso ao mesmo. Estará aberto, en inverno, de 9:00 a 18:30 horas e, en verán, de 9:00 a 21:00 horas. O Concello farase cargo da vixilancia e da apertura e peche das portas, e do mantemento ocuparase CESPA, a concesionaria da conservación dos espazos verdes da cidade.

Este acordo terá vixencia ata o 31 de decembro de 2013 e poderá prorrogarse cada ano se tres meses antes do seu vencemento non renuncian ao mesmo calquera das partes asinantes.

Documentos relacionados



Compartir: