ALCALDÍA

O alcalde falou co conselleiro de Presidencia sobre o futuro do mercado de Amio e dos xardíns do Pazo de Amarante

23/05/2012 O alcalde compostelán, Ángel Currás, reuniuse co conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda. Na xuntanza, de carácter protocolario, falaron de cuestións como o parque de bombeiros, o futuro do mercado de Amio ou a apertura dos xardíns de Amarante.

Ángel Currás salientou tras a reunión o "interese de colaboración para desbloquear algúns asuntos e desenvolver outros" amosado por Alfonso Rueda. Así, a propósito do parque de bombeiros, o alcalde reiterou a necesidade de que se "resolva" o futuro desta infraestrutura, que hoxe é "un horrendo esqueleto en Salgueiriños que se está deteriorando a un ritmo importante". Apostou por "recuperar o investimento feito" e por que o parque comarcal de bombeiros se sitúe en Santiago.

Respecto ao mercado de Amio, o rexedor municipal anunciou unha próxima reunión co responsable da xestión do recinto, para abordar todo o relativo ás súas necesidades e aos seus usos. Finalmente, expresou tamén o seu desexo de que en breve se concrete o convenio que permitirá recuperar para o uso cidadán os xardíns do Pazo de Amarante.

Compartir: