DEPORTES

Autobuses lanzadeira dende Ramón Piñeiro para asistir ao I Freestyle de Santiago

16/05/2012 Os pilotos participantes no I Freestyle de Santiago de Compostela visitaron o Pub A Quintana, entregaron ao seu xerente, Félix García Insua, un casco firmado por todos os participantes e doado por Motos Dagan off Road. Na xornada do xoves, día da Ascensión, agárdalles unha reñida competición, onde todos os pilotos se medirán co campión do mundo Dani Torres.

Haberá buses lanzadeira dende a rúa Ramón Piñeiro (xunto ao Parlamento de Galicia) a partir das 17:00 horas. Poderanse comprar as entradas nas taquillas do Auditorio Monte do Gozo dende as 15:00 horas. A competición comezará ás 19:00 horas.

Compartir: