EDUCACIÓN

Concerto da Escola Municipal de Música no marco do 800º aniversario da Catedral

11/05/2012 A Banda, a Orquestra e o Coro da Escola Municipal de Música ofreceron un concerto na praza das Praterías, no marco do 800º aniversario da Catedral de Santiago e da exposición Compostella Dicitur.

Alumnos, profesores e familiares participaron nesta actividade extraordinaria, na que ademais do concerto, realizouse unha visita guiada á exposición da Casa do Cabildo. Numerosos composteláns e visitantes achegáronse ata a praza para escoitar o concerto. A concelleira Rebeca Domínguez tampouco quixo perderse a actuación.

Compartir: