FAMIILIA
Dende as 10:00 horas celebraranse diversos obradoiros para nenos e nenas de globoflexia, reciclaxe, elaboración de pulseiras e chapas, maquillaxe, manualidades, lingua de signos etc. Tamén a esa hora comezarán as II Xornadas de Acollemento Familiar en Galicia: Crecendo xuntos en acollemento, promovidas por Familias Acolledoras de Galicia.
Paula Prado salientou a presenza neste evento de Jesús Palacios, catedrático de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da Universidade de Sevilla e investigador sobre maltrato infantil, institucionalización, acollemento familiar e adopción. Ademais, aproveitou para facer un chamamento á sensibilización respecto dos 17 nenos e nenas que nestes intres agardan unha familia de acollemento en Santiago.
Os que se acheguen ata Sar tamén poderán atopar as mesas informativas dispostas por diversas asociacións e entidades de iniciativa social, que divulgarán o importante labor que realizan. Outra actividade destacada será o teatro. Ás 12:00 e ás 16:30 horas haberá representacións da obra Rosalía, a pulga que escribía e, ás 19.00 horas, porase en escena o musical La abeja Maya.
A programa desta xornada complétase cun espazo onde as familias poderán facerse unha foto cos xogadores profesionais do Blusens Monbus e do Lobelle de Santiago.
O Concello programa unha xornada en recoñecemento á institución da familia
04/05/2012 Con motivo da celebración do Día Internacional da Familia o 15 de maio, o Concello de Santiago preparou unha xornada repleta de actividades en recoñecemento a esta institución. Será o sábado 12 de maio no Multiusos Fontes do Sar. Alí haberá teatro, obradoiros, mesas informativas, unhas xornadas de acollemento familiar e un espazo onde facerse fotos cos xogadores do Blusens Monbus e do Lobelle de Santiago.
A concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, Paula Prado, presentou o programa de actividades para este 12 de maio, que queren ser un "recoñecemento á institución da familia, que sempre está aí cando fallan todos os demais resortes sociais". Neste sentido, incidiu no seu papel de "rede social" nestes tempos de crise económica.Dende as 10:00 horas celebraranse diversos obradoiros para nenos e nenas de globoflexia, reciclaxe, elaboración de pulseiras e chapas, maquillaxe, manualidades, lingua de signos etc. Tamén a esa hora comezarán as II Xornadas de Acollemento Familiar en Galicia: Crecendo xuntos en acollemento, promovidas por Familias Acolledoras de Galicia.