ALCALDÍA

Concello e Arcebispado colaborarán para que a Catedral de Santiago chegue ao ano Santo 2021 "en todo o seu esplendor"

03/05/2012 Ángel Currás segue coa súa rolda de reunións institucionais con diversas autoridades políticas, eclesiásticas e académicas con motivo da súa recente toma de posesión como alcalde. Nesta ocasión mantivo un encontro co arcebispo de Santiago, Julián Barrio.

O alcalde indicou que o Concello e a Igrexa seguirán "indo da man" en todas as actuacións relativas á Catedral, á proxección de Santiago e á revitalización do Camiño". "Por diante temos un ano Santo, que nesta ocasión tardará un pouco máis, ata o 2021, pero todos sabemos da importancia de que a Catedral chegue a ese momento en todo o seu esplendor", engadiu.

Documentos relacionados



Compartir: