EDUCACIÓN

Sesión de contos e música para familias

28/04/2012 Un bo número de familias compostelás participou na sesión aberta de contos e música celebrada na Galería Sargadelos, dentro da Campaña Municipal de Animación á Lectura que promove a Concellería de Educación.

Esta sesión tiña como obxectivo achegar ás familias a literatura a través dos contos, rimas, ditos e cantos. A próxima sesión prevista para pequenos e as súas familias, que leva por título Do berce á lúa: sesión de contos para bebés, terá lugar o sábado 12 de maio, con dúas sesións, unha ás 11:30 e outra ás 12:30 horas.

Compartir: